O VIII Congreso Internacional de Economía Social EESCOOP articularase mediante mesas redondas que abordarán diferentes temáticas nas que participarán actores relevantes da economía social e a través de sesións académicas dedicadas á presentación de traballos de investigación e innovación.
Convidamos á comunidade investigadora e ás persoas expertas en materia de empresas de economía social a enviar as súas contribucións en relación cos retos e desafíos que o sistema económico debe afrontar. A desigualdade social, a desigualdade económica, a deterioración da democracia ou o cambio climático, que actualmente preocupan á sociedade, son cuestións que no seu momento guiaron os valores e principios propios das entidades de economía social e que seguro guiarán os debates deste congreso.
El VIII Congreso Internacional de Economía Social EESCOOP se articulará mediante mesas redondas que abordarán diferentes temáticas en las que participarán actores relevantes de la economía social y a través de sesiones académicas dedicadas a la presentación de trabajos de investigación e innovación.
Aceptaranse traballos, tanto teóricos como empíricos, relacionados co lema do congreso: As empresas da Economía Social: desde a actividade tradicional cara á innovación tecnolóxica e social. O persoal investigador poderá optar por presentar unha comunicación oral ou un póster, sempre de forma presencial, sendo necesario para ambas as modalidades entregar un resumo previo do traballo. Estes resumos serán avaliados polo comité científico do congreso e enviarase notificación de aceptación ou rexeitamento. Unha persoa poderá ser coautora de máis dun traballo, aínda que só poderá ser relator nun deles. Se hai máis dunha persoa autora, polo menos una delas deberá abonar a cota de asistencia presencial e defender o traballo.