SAVES é un proxecto posto en marcha no ano 2020 dende a Universidade de Vigo, desenvolvido co apoio da Rede Eusumo. Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
As persoas encargadas de poñer en marcha e coordinar SAVES son María José Cabaleiro Casal e Carlos Iglesias Malvido, da Universidade de Vigo, dous investigadores cunha ampla e recoñocida experiencia no estudo do cooperativismo. O equipo SAVES conta ademáis coa colaboración de Jana Pérez Pérez, con experiencia profesional en cooperativismo.