Os catro gráficos seguintes representan diferentes formas de cuantificar a presenza cooperativa en
Galiza: empresarial, produtiva, social e feminina
- A presenza empresarial cooperativa mídese polo número
de cooperativas e polo que representan respecto ao total de empresas galegas.
- A presenza produtiva cooperativa mídese a través
do Valor Engadido Bruto (VEB) e o que este representa sobre o Produto Interior Bruto (PIB) de Galiza.
- A presenza social cooperativa mídese polo número
de cooperativistas por cada 100 fogares e por cada 100 habitantes.
- A presenza da muller nas cooperativas mídese pola número de mulleres socias e a súas proporción sobre o total de persoas socias, excluíndo os socios institucionais.
Os gráficos mostran a información do período 2009 ao 2020. Accedendo ao menú
de configuración pódese acurtar o período de análise.
Na lenda de cada gráfico pódense
agochar as variables representadas premendo sobre o seu respectivo nome.