¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

INFORME 2: SITUACIÓN

logo saves Informe 2 mostra a situación e evolución das sociedades cooperativas de Galiza para o período 2009-2015. Os gráficos permiten seleccionar un amplo conxunto de indicadores da estrutura do activo e do pasivo, e da conta de resultados, acompañadas das habituais taxas da análise económica-financeira.

Os indicadores de logo saves mostran a evolución do conxunto da realidade empresarial cooperativa. Estes indicadores son resultado da agregación dos valores individuais das empresas. Así, por exemplo, o activo total medio áchase como a suma do activo de todas as sociedades dividido polo número de cooperativas.

A información móstrase desagregada:

      • Inicialmente aparece a desagregación por clase de cooperativa, diferenciando principalmente entre cooperativas agrarias e cooperativas de traballo asociado. O resto de cooperativas constitúen a serie ‘Outras’.
      • Posteriormente existe a opción de establecer outras desagregacións acudindo o panel esquerdo de configuración.

Son tres as unidades nas que se presentan os indicadores:

      • Por defecto, as gráficas mostran os valores medios.
      • O usuario ten a opción cun click de visualizar os valores relativos dos indicadores. Os indicadores de estrutura económica e financeira son relativizados pola activo total. As partidas de perdas e ganancias son divididas polos ingresos de explotación. As taxas económicas e financeiras son plasmadas como porcentaxe, agás no caso da Rotación que se expresa como un factor.
      • Cun click tamén é posible ver os indicadores por socio. Con esta unidade de medida preténdese ter unha visión axeitada das cooperativas, como empresas de participación.

Os datos de Informe 2 proceden da información contábel e social das contas depositadas no Rexistro de Cooperativas de Galicia. Por agora, os indicadores elaboraronse a partir dunha mostra de cooperativas, que nestes momentos está entorno ás 200 cooperativas. O tamaño actual ofrece xa valores representativos do conxunto de cooperativas activas, arredor das 1.200 cooperativas. A medida que avance o proxecto de investigación, irán incorporándose máis empresas.

[-] ver menos [+] ver máis

 

Gráfica 1
 
Nº de eixos:
 
Indicador:
 
 
 
[bunid*a][bunid*m][bunid*r][bunid*s]
 
Gráfica 2
 
Nº de eixos:
 
Indicador:
 
 
 
[bunid*a][bunid*m][bunid*r][bunid*s]
 
Gráfica 3
 
Nº de eixos:
 
Indicador:
 
 
 
[bunid*a][bunid*m][bunid*r][bunid*s]
 
Gráfica 4
 
Nº de eixos:
 
Indicador:
 
 
 
[bunid*a][bunid*m][bunid*r][bunid*s]