proporcionará neste espazo información a medida e útil para a toma de decisións.
Este informe ofrecerá información máis completa, desagregada e detallada para axudar na xestión diaria ás sociedades cooperativas, as Administracións Públicas e as asociacións representativas do sector (AGACA e Espazocoop, especialmente). Tamén terán acceso á información os investigadores das tres universidades galegas, co obxectivo de fomentar a investigación e transferencia do coñecemento en materia de Cooperativismo e Economía Social.
Para o acceso a esta información será preciso dispoñer dos correspondentes permisos, que variarán de acordo cos respectivos convenios de colaboración firmados, garantindo en todo caso a confidencialidade respecto á información subministrada.