O agrocooperativismo galego caracterízase pola importante diversidade de empresas que o integran. Neste informe móstranse as cifras básicas do cooperativismo agrario galego en relación co número de cooperativas, a distribución territorial, a antigüidade, ou o tamaño, así como a súa distribución sectorial. A información corresponde ao último exercicio económico dispoñible, e tamén á súa evolución recente.