As cooperativas agrarias, en relación coas restantes cooperativas galegas, caracterízanse polo seu maior tamaño tanto en número de persoas socias, como en facturación e activo. A análise da tendencia no período 2015-2020 apunta a que se incrementan estas diferencias. A maior contribución das persoas socias está permitindo unha estrutura de investimento estable a longo prazo, cun equilibrio entre os investimentos permanentes e o financiamento con recursos propios da cooperativa, especialmente das achegas de capital.