¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
en
es
gl
ECOBAS - Economics and Business Administration for Society
Universidade de Vigo
Sistema de Asistencia Virtual para o Cooperativismo
e a Economía Social

presentación

A información sobre Cooperativismo e Economía Social en Galiza, na actualidade, atópase dispersa en diversas fontes estatísticas,

Esta dispersión complica enormemente o seu procesamento informático,

Non hai series históricas con datos comparábeis no tempo,

Non existe un conxunto de indicadores adaptados á singularidade das sociedades cooperativas,

Ningunha das fontes estatísticas proporciona datos doados de consultar en dispositivos electrónicos móbiles,

Ante esta realidade, xorde  logo saves , Sistema de Asistencia Virtual para o Cooperativismo e a Economía Social.

logo saves é unha aplicación desenvolvida por ECOBAS, agrupación estratéxica de investigadores das tres universidades galegas. A aplicación irá proporcionando información vía web sobre a situación e evolución recente do Movemento Cooperativo en Galiza, así como do perfil económico-financeiro das cooperativas galegas, con potencial de expansión futura a todas as entidades da Economía Social.

A aplicación pretende ser unha ferramenta de traballo útil para todos os actores implicados no cooperativismo, en particular, e na economía social en xeral. Aberta ao público, aínda que con diferentes niveis de accesibilidade, está deseñada para operar rapidamente desde todo tipo de dispositivos electrónicos, de modo que se converta nun asistente virtual para a xestión diaria das cooperativas, as súas asociacións representativas e a Administración Pública.

logo saves utiliza a información contábel pública depositada polas cooperativas no Rexistro de Cooperativas de Galiza, que se cruza con outras fontes de información, para acadar unha fotografía completa do Movemento Cooperativo Galego. As fontes de información adicionais máis relevantes son: Ministerio de Traballo e Seguridade Social; Instituto Nacional de Estatística; Instituto Galego de Estatística; Libro Branco do Cooperativismo en Galicia (2004) e Libro Branco da Economía Social de Galicia (2018); Informes de Sínteses da Economía de Galicia (varios anos); Inventario de Cooperativas de Galicia (Espazocoop); así como calquera outra fonte que proporcione información estatística útil e periódica sobre a realidade cooperativa.

publicará progresivamente informes gráficos de resultados, a medida que se incorporen máis datos. Ao finalizar esta primeira etapa, os usuarios autorizados terán a posibilidade de configurar, a medida, os indicadores adaptados as súas necesidades de información específicas. Isto é, sen embargo, só un primeiro paso para acadar no futuro unha sinerxía fluída e constante entre os informes de SAVES e os seus usuarios.