¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Proxecto SAVES EMPRENDE
Informe para o emprendemento e o autoemprego

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
  • Entidade financiadora: Rede Eusumo (Xunta de Galicia)
  • Prazo de execución: outubro 2022 – outubro 2023
  • Entidade coordinadora: Universidade de Vigo (UVigo)
  • Coordinación: María José Cabaleiro Casal e Carlos Iglesias Malvido 
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

OBXECTIVO:

Proporcionar ás entidades cooperativas de nova creación ou ás persoas que desexen emprender unha ferramenta dixital que lles permita mellorar o seu plan de negocio.

RESUMO DO PROXECTO:

A creación de novas empresas debe soportarse en plans de negocios fundamentados en estimacións fiables e comparables con datos reais extraídos de empresas que xa están en funcionamento. SAVES Emprende pretende contribuír a esta tarefa a través dun asistente virtual que poña a base de datos SAVES, que contén información real sobre as cooperativas galegas, ao servizo das entidades de nova creación e das persoas que estean pensando en crear unha cooperativa.

O asistente o que permite é que as persoas usuarias, introducindo unha serie de datos sobre a súa empresa, poidan comparar as cifras dunha serie de indicadores do seu plan de negocio coas de un grupo de cooperativas de referencia con características similares á súa (sempre protexendo debidamente a información individual das organizacións que conforman ese grupo de referencia).

A QUEN VAI DIRIXIDO:

SAVES Emprende está destinado fundamentalmente ás entidades cooperativas de nova creación, e ás persoas emprendoras que desexan emprender baixo a fórmula do cooperativismo, especialmente a xente máis nova e as mulleres que apostan pola fórmula do autoemprego.