OBXECTIVO:
Proporcionar ás entidades cooperativas de nova creación ou ás persoas que desexen emprender unha ferramenta dixital que lles permita mellorar o seu plan de negocio.
RESUMO DO PROXECTO:
A creación de novas empresas debe soportarse en plans de negocios fundamentados en estimacións fiables e comparables con datos reais extraídos de empresas que xa están en funcionamento. SAVES Emprende pretende contribuír a esta tarefa a través dun asistente virtual que poña a base de datos SAVES, que contén información real sobre as cooperativas galegas, ao servizo das entidades de nova creación e das persoas que estean pensando en crear unha cooperativa.
O asistente o que permite é que as persoas usuarias, introducindo unha serie de datos sobre a súa empresa, poidan comparar as cifras dunha serie de indicadores do seu plan de negocio coas de un grupo de cooperativas de referencia con características similares á súa (sempre protexendo debidamente a información individual das organizacións que conforman ese grupo de referencia).
A QUEN VAI DIRIXIDO:
SAVES Emprende está destinado fundamentalmente ás entidades cooperativas de nova creación, e ás persoas emprendoras que desexan emprender baixo a fórmula do cooperativismo, especialmente a xente máis nova e as mulleres que apostan pola fórmula do autoemprego.