A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, AGACA, celebrou este mércores a súa 35 asemblea xeral en Santiago de Compostela na que, entre outras cuestións, informouse aos membros do plan de actividades previsto para este ano 2023.
Ao final da asemblea, a investigadora María José Cabaleiro, coordinadora de SAVES, presentou a plataforma ante as persoas asistentes, e desvelou algunhas das novas ferramentas nas que se está a traballar no marco do proxecto "Informe SAVES das cooperativas agrarias galegas", desenvolvido polo equipo SAVES da Universidade de Vigo xunto con AGACA, e que conta co financiamento da Rede EUSUMO. Estas novas utilidades estarán pronto dispoñibles e abertas ao público dende a páxina web, e permitirán coñecer de maneira máis detallada a situación do movemento cooperativo agrario e realizar análises comparativas entre diferentes sectores e grupos de cooperativas.