Para que? SAVES Emprende permite comparar os datos reais dunha serie de indicadores do plan de negocio dun proxecto de creación dunha cooperativa cos doutro grupo de cooperativas de características similares. Isto serve coma punto de partida para a elaboración dun DAFO completo.
Para quen? SAVES Emprende está dirixido principalmente a persoas que desexan emprender mediante a fórmula cooperativa, permitíndolles comparar distintos parámetros do seu plan de negocio con indicadores de grupos cooperativas de referencia.
Como? Para poder empregar esta ferramenta só se precisa cubrir un formulario con datos básicos para calcular unha serie de indicadores económicos e financeiros. Non é preciso rexistrarse.
Esta ferramenta ten sido creada no marco do proxecto "SAVES Emprende"